AFACO de Ferrol
AFAC de A Coruña
AFALU de Lugo
AFOUR de Ourense
AFAVI de Vigo
AFASEC de Santiago
AFAFE de Ferrol
Reunidos o sábado 26 de novembro en
Santiago de Compostela queremos facer público os seguintes acordos tomados por
unanimidade:
1º.-
Solicitar
unha xuntanza ao Presidente da Federación Galega de Fútbol para amosarlle a
nosa preocupación polas medidas que está a tomar a Federación con respecto ao
fútbol base galego que enchen de preocupación aos clubes cara o futuro
inmediato sobor a viabilidade do fútbol base.
2º.-
Solicitar
da Federación Galega de Fútbol o recoñecemento das Asociacións de Fútbol como
parte da estructura do Fútbol en Galicia como entes activos e colaboradores no
desenrolo do fútbol base.
3º.-
Amosar
o noso desacordo coa aplicación das últimas medidas referentes ao pago de licencias, fichas, colexiación, contratos,
formación de monitores, adestradores e delegados por entender que representa
unha carga inasumible.
4º.-
Pedimos
que as medidas que poideran adoptar ao respecto dos resultados abultados nas
competicións inferiores, deben ser
abordadas tendo en conta o punto de vista do todo o fútbol base e non só polos
equipos de élite e profesionais. Polo cal solicitamos se faga un estudo e
valoración dos resultados e cales son ou poideran ser as causas das mesmas para logo buscar solución equilibradas que
non poidan perxudicar mais ao fútbol base.
5º.-
Amosamos
o noso desacordo á creación de mais categorías superiores nas ligas inferiores
polo perxuizo que lle traería ao fútbol e o seu desenrolo e progresión.
As Asociacións arriba referenciadas amosamos o noso compromiso a participar e colaborar nun desenrolo armónico de Fútbol base galego polo cal manteremos xuntanzas periódicas para acadar solucións e alternativas para elo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario