Blog de la afaco

Bienvenidos al blog de la asociación de fútbol aficionado comarcal (afaco). Desde aquí iremos actualizando puntualmente las noticias y novedades según se vayan produciendo. Queremos un espacio abierto y dinámico en que todos sus miembros puedan interactuar.

miércoles, 14 de julio de 2010

Propuesta del Nuevo Plan Competicional ( A llevar a la asamblea de la FGF)

CAMBIAR O FORMATO ACTUAL DO PLAN COMPETICIONAL GALEGO PARA QUE ENTRE EN FUNCIONAMENTO NA TEMPORADA 2011-2012, POLO CAL NA TEMPORADA 2010-2011 HAI QUE TER EN CONTA OS SEGUINTES CONDICIONANTES:

1-Reducción a 18 equipos tanto en Rexional Preferente grupo norte como en Rexional Preferente grupo sur. Na temporada 2010-2011 haberá en cada grupo de Rexional Preferente dous ascensos a Terceira División e catro descensos a Primeira Autonómica.

2-As Primeiras e Segundas Autonómicas quedarían conformadas por 16 equipos cada unha (coa creación dun grupo máis de Primeira Autonómica na provincia da Coruña onde o grupo 1 sería Ferrol-Coruña e o grupo 2 Costa da Morte-Santiago). Na temporada 2010-2011 haberá en cada grupo de Primeira Autonómica dous ascensos a Rexional Preferente e en canto ós descensos a Segunda Autonómica quedarían repartidos da seguinte maneira: dous no grupo 1 de Primeira Autonómica, tres no grupo 2 de Primeira Autonómica, tres no grupo 3 de Primeira Autonómica e catro no grupo 4 de Primeira Autonómica.

3-Creación dun grupo máis de Segunda Autonómica na provincia da Coruña (quedarían os grupos C.1 e C.2 para Coruña, o grupo C.3 para Ferrol, o grupo C.4 para Costa da Morte e os grupos C.5 e C.6 para Santiago). De cara á temporada 2010-2011 os ascensos e descensos serían os seguintes:

-Grupo 1: tres ascensos a Primeira Autonómica e dous descensos a Terceira Autonómica.
-Grupo 2: tres ascensos a Primeira Autonómica e dous descensos a Terceira Autonómica.
-Grupo 3: tres ascensos a Primeira Autonómica e un descenso a Terceira Autonómica.
-Grupo 4: tres ascensos a Primeira Autonómica e tres descensos a Terceira Autonómica.
-Grupo 5: tres ascensos a Primeira Autonómica e tres descensos a Terceira Autonómica.

4-Creación dun grupo máis de Segunda Autonómica na provincia de Pontevedra (no grupo P.1 estarían incluídos os equipos da provincia de Pontevedra dende Moraña, aproximadamente, cara o norte contando tamén cos que agora dependen da delegación de Santiago, no grupo P.2 estarían incluídos os equipos comprendidos entre Moraña e Redondela, no grupo P.3 estarían incluídos os equipos dende Redondela cara o sur). Para a temporada 2010-2011 os ascensos e descensos serían os seguintes:

-Grupo 10: un ascenso e unha promoción de ascenso a Primeira Autonómica e catro descensos a Terceira Autonómica.
-Grupo 11: un ascenso e unha promoción de ascenso a Primeira Autonómica e catro descensos a Terceira Autonómica.

5-En Terceira Autonómica da provincia de Coruña os grupos C.1 (actualmente é o grupo 1 de Terceira Autonómica), C.2 (actualmente é o grupo 2 de Terceira Autonómica), C.3 (actualmente é o grupo 3 de Terceira Autonómica) e C.4 (actualmente é o grupo 4 de Terceira Autonómica), dependerían dos dous grupos de Segunda Autonómica de Coruña. De cara á temporada 2010-2011 os ascensos serían os seguintes:

-Grupo 1: catro ascensos a Segunda Autonómica.
-Grupo 2: catro ascensos a Segunda Autonómica.
-Grupo 3: catro ascensos a Segunda Autonómica.
-Grupo 4: cinco ascensos a Segunda Autonómica.

6-En Terceira Autonómica da provincia de Coruña o grupo C.5 (actualmente é o grupo 5 de Terceira Autonómica) dependería do grupo de Segunda Autonómica de Ferrol. Na temporada 2010-2011 haberá tres ascensos a Segunda Autonómica.

7-En Terceira Autonómica da provincia de Coruña o grupo C.6 (actualmente é o grupo 6 de Terceira Autonómica) dependería do grupo de Segunda Autonómica da Costa da Morte. Na temporada 2010-2011 haberá dous ascensos a Segunda Autonómica.

8-En Terceira Autonómica da provincia de Coruña os grupos C.7 (actualmente é o grupo 8 de Terceira Autonómica), C.8 (actualmente é o grupo 9 de Terceira Autonómica), C.9 (actualmente é o grupo 10 de Terceira Autonómica) e C.10 (actualmente é o grupo 12 de Terceira Autonómica) dependerían dos dous grupos de Segunda Autonómica de Santiago de Compostela. Para a temporada 2010-2011 os ascensos serían os seguintes:
-Grupo 8: dous ascensos a Segunda Autonómica.
-Grupo 9: dous ascensos a Segunda Autonómica.
-Grupo 10: dous ascensos a Segunda Autonómica.
-Grupo 12: dous ascensos a Segunda Autonómica.

9-En Terceira Autonómica da provincia de Pontevedra dependerían dos grupos P.1 e P.2 de Segunda Autonómica o grupo P.1 de Terceira Autonómica (que sería o que actualmente é o grupo 11 de Terceira Autonómica dependente da delegación de Santiago) e os grupos P.2 e P.3 de Terceira Autonómica (que agruparían ós que actualmente son os grupos 17, 18 e 19 de Terceira Autonómica). Para a temporada 2010-2011 os ascensos serían os seguintes:

-Grupo 11: dous ascensos a Segunda Autonómica.
-Grupo 17: tres ascensos e unha promoción de ascenso a Segunda Autonómica.
-Grupo 18: tres ascensos e unha promoción de ascenso a Segunda Autonómica.
-Grupo 19: tres ascensos e unha promoción de ascenso a Segunda Autonómica.

10-En Terceira Autonómica da provincia de Pontevedra os grupos P.4 e P.5 (agruparían ós que actualmente son os grupos 20, 21 e 22 de Terceira Autonómica) dependerían do grupo P.3 de Segunda Autonómica. Na temporada 2010-2011 os ascensos serían os seguintes:

-Grupo 20: un ascenso a Segunda Autonómica.
-Grupo 21: un ascenso a Segunda Autonómica.
-Grupo 22: un ascenso a Segunda Autonómica.

11-Implantaranse uns criterios de reparto xeográfico dos grupos de tal maneira que tanto para os ascensos como para os descensos deixará de aplicarse o concepto de “grupo de procedencia” e pasará a terse en conta soamente o de “zona de residencia".

12-Debido á creación dos novos grupos de cara á temporada 2011-2012 existe a posibilidade de que unha vez recolocados todos os equipos nos grupos que lle correspondan queden prazas vacantes nalgún deles; ditas prazas serán cubertas mediante ascensos directos ou promocións de ascenso (no caso de que queden menos prazas que grupos impricados) entre os clubes da categoría inmediatamente inferior que dependan do grupo en cuestión (mediante os criterios xeográficos que entrarán en vigor a partir desa temporada).

No hay comentarios:

Publicar un comentario